Avanzando no proxecto SteemBookX

in #steembookx7 years ago

Pouco a pouco imoslle dando forma o proxecto SteemBookX xunto con toda os complementos que deben levar incluidos.

  • Por unha banda temos a folla de ruta (o famoso documento vivo que de tan vivo que está tende a escaparse da mesa) e que podedes leer na memoria. (Benvidas ideas e suxerencias)

  • A web que creamos en blogger (non damos para mais ... ) non estamos sendo quen de redireccionala a Steembookx.org pero xa se pode leer....

blog.png

  • Creouse o mapa colaborativo onde percurar os puntos de BookCrossing, SteemBookX e Bibliotecas Populares e descentralizadas. Podedes velo neste link., e este é o miserable aspecto que presenta: (Xa vedes que o mapa está na páxina estática inicial da web.

puntos.png

  • Solicitudes para edición do mapa, favor de contactar con steembookx[algarroba]gmail.com.

  • Imos mellorando as etiquetas dos libros, adapaptandoas a BCID, incluindo info da asociación e un breve cómo de SteembookX.

etiquetas.jpg

  • Por outra banda, podemos asegurar a posibilidade de usar @steemitworldmap para atopar as etiquetas, e polo tanto, a viaxe de un libro polo mundo.

mapa_localiz_etiquetas.png

No mapa leemos a localización de unha etiqueta de libro viaxeiro que (en sandbox) paseou por catro lugares

Vindeiros pasos necesarios:

  • Conseguir a redirección do blog a www.steembookx.org

  • Realizar primeiras liberacións no "Vilas" (sitio mais achegado) con tag # BCID. Pasear un libro (ou uns cantos) e ver funcionalidade (e amosala) no #steemitworldmap

  • Facer liberacións "masivas" con chamada ó público + Breve explicación de por qué con Steemit.

  • Comenzar o Trail de curación (a voto fixo + percura de autoras por etiqueta)

feed_liferea.png

Tags seguidas actualmente

Note: All author rewards from this post will be used to fund SteemBookX.
Join #steembookx for books and Steem book-crossing.
SteemBookX: "Mining" books through steem blockchain

SteemBookX é un laboratorio de:

Asociación Acción Comunitaria Cultural das Coutadas.

Núm Inscripción Rexistro de Asociacións Xunta de Galiza: 2017/201746-1ª
accioncomunitariacultural[arroba]gmail.com

Sort:  

Pués... gracias, oiga !!!